Arrinca a cuarta edición da Maker Faire Galicia
Celebrarase na Cidade da Cultura o 24 e 25 de novembro
Marta Lois, concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo; xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a coordinadora do evento, Matilde Rodríguez; presentaron hoxe a cuarta edición da Maker Faire Galicia que se celebra na Cidade da Cultura o 24 e 25 de novembro.
A Maker Faire Galicia é unha das feiras de inventores e inventores máis importantes a nivel europeo e supón un punto de encontro innovador e colaborativo a nivel galego. Na feira expositiva poderanse ver as recentes e innovadoras creacións das e dos makers participantes e haberá un amplo programa de actividades dirixido a todo tipo de públicos como charlas, obradoiros, parkour ou carreiras de coches DIY.
Tamén se integran conferencias independientes dentro do programa oficial do evento, como as coordiandas polo NOS Day ou o grupo de mulleres tecnolóxicas Galstech, coas que se fomenta a colaboración entre diferentes comunidades tech de Galicia.
A Maker Faire Galicia, que xa vai pola cuarta edición, volve contar co patrocinio da Funación Cidade da Cutlura de Galicia que acolle tamén o evento no Gaiás, e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. Tamén colabora co evento a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Por segundo ano consecutivo, ademáis da feira, dedícase unha xornada dirixida únicamente ao sector profesional na que contará con referentes a nivel internacional no ámbito da innovación. A cita terá lugar o venres 23 de novembro de 09:00 hroas a 16:00 horas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Os e as porfesionais interesadas en asistir como público a esta xornada poderán inscribirse na páxina web do evento galicia.makerfaire.com onde teñen habilitado un formulario.