miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares piden actuar para retirar as follas das rúas para evitar inundacións ou accidentes

Os populares piden actuar para retirar as follas das rúas para evitar inundacións ou accidentes
Os populares piden actuar para retirar as follas das rúas para evitar inundacións ou accidentes

O Grupo que dirixe Agustín Hernández, vén de lembrar que non hai moitos meses as chuvias deixaron unha larga lista de incidentes en Santiago, por mor de situacións como as que reflictan hoxe as rúas santiaguesas

O grupo municipal Popular lamenta que o Goberno de Compostela Aberta, tras ter pasado tres outonos no mandato, "continúe sen tomar medidas rápidas e efectivas para evitar os riscos de inundacións ou accidentes por mor da acumulación de folas en estradas e rúas de Santiago nesta época do ano".

Para o concelleiro Xan Duro, esta situación resulta del todo normal, "xa que ven motivado “polo natural devir das cousas”, pero a realidade e que tanto veciños, como usuarios de vehículos vense abrumados pola importante acumulación de vexetación en moitas zonas da cidade, que están a provocar a incidentes que poderían ser evitados no caso de ter retiradas as follas ao seu debido tempo", aseguran os populares.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández, vén de lembrar que non hai moitos meses as chuvias deixaron unha larga lista de incidentes en Santiago, por mor de situacións como as que reflictan hoxe as rúas santiaguesas.

Os populares consideran que a falta de interese e desleixo de Compostela Aberta está prexudicando notablemente a Santiago, posto que son incapaces de xestionar ata as cousas máis sinxelas da cidade, como é, neste caso, manter limpos os sumidoiros, ás rúas e o resto das estradas.

"Un ano máis os veciños son os que sofren as consecuencias dunha notable mala xestión do Grupo de Goberno, que segue sen considerar que ata as situacións do día a día supoñen un grande esforzo para o Executivo de Martiño Noriega", afirma o grupo liderado por Agustín Hernández.

Nestes días, os populares fanse eco das numerosas queixas dos veciños por esta falta de limpeza e retirada da acumulación de follas, situación esta que pode traer como consecuencias asolagamentos con consecuencias imprevistas.

Comentarios
Lo más