miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Marcela Lagarde impartiu na USC un obradoiro de empoderamento das mulleres na contorna universitaria

Marcela Lagarde impartiu na USC un obradoiro de empoderamento das mulleres na contorna universitaria
Marcela Lagarde impartiu na USC un obradoiro de empoderamento das mulleres na contorna universitaria

O obradoiro organizouno, en colaboración coa Oficina de Igualdade, a rede Armela, un grupo de investigación da USC

A recoñecida antropóloga Marcela Lagarde impartiu esta mañá na Facultade de Ciencias Políticas un obradoiro de empoderamento das mulleres na contorna universitaria no que falou da relación entre a academia e o feminismo e deu claves para a acción política en todos os sectores da comunidade.


Autora de numerosos estudos sobre xénero, feminismo, desenvolvemento humano e autonomía das mulleres, Lagarde acuñou o termo ‘feminicidio’ para describir a situación da violencia contra as mulleres en Cidade Juárez, que logo se estendeu por todo o mundo. Tal é a relevancia da súa figura que as inscricións para asistir á xornada se esgotaron de inmediato.


O obradoiro organizouno, en colaboración coa Oficina de Igualdade, a rede Armela, un grupo de investigación da USC que ten como finalidade analizar, dende unha perspectiva multidisciplinar, os dereitos sociais, a igualdade e ao Estado social no contexto actual de crise económica.

Comentarios
Lo más