Representantes do Concello de Ordes reuníronse co conselleiro de Medio Rural
Nesta reunión abordaron os procesos de concentración parcelaria, a dotación de novos equipamentos e a execución de distintas obras
A alcaldesa en funcións do Concello de Ordes, Ana Soneira, xunto con José Luis Martínez Sanjurjo, mantiveron unha reunión co conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez. No encontro abordaron diversos proxectos relacionados coas infraestructuras e equipamentos no ámbito rural do municipio.
Outro dos aspectos a tratar foron os distintos procesos de reestructuración parcelaria. Concretamente falouse da elaboración dos títulos de propiedade das concentracións parcelarias Buscás II, Vilamaior-Barbeiros II e Montaos II; e da solicitude de celeridade no avance das de Beán-Pereira II, Mercurín-Lesta II e Parada II. "Trátase dun compromiso adquirido por parte do Presidente da XUnta, e da anterior conselleria, que visitou o lugar e que se entrevistou coa veciñanza no ano 2017 logo dunha primeira petición formulada no ano 2015" reitera Martínez Sanjurjo.
No referente ás infraestructuras e equipamentos fíxose un repaso á situación dos trece pozos proxectados para as zonas de Montaos, Vilamaior, Beán, Pereira, Parada, Leira e Lesta. Destes, oito xa están en execución e outro scinco pendentes da súa adxudicación.
Tamén se abordou a construción dunha ponte sobre o río Cabrón (Trillán-Ordes) cuxo orzamento ascende a 43.097,43 €.
Por útlmo trataron a próxima entrega dun tractor con rozadora lateral e arrastrada para poder elaborar unp lan de limpeza realista da totalidade de estradas da rede municipal.