miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Morre unha muller en Ribadavia despois de inhalar un produto químico mentres preparaba licor

Morre unha muller en Ribadavia despois de inhalar un produto químico mentres preparaba licor
Morre unha muller en Ribadavia despois de inhalar un produto químico mentres preparaba licor

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 16:55 horas, a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias

Unha muller perdeu a vida esta tarde en Ribadavia despois de inhalar un produto químico dunha botella mentres preparaba licor. Os feitos sucederon na rúa Maquians, á altura do número 34.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, parte do contido do envase rematou derramado no chan, polo que os servizos de emerxencias, unha vez no punto, levaron a cabo as medicións correspondentes para medir a toxicidade do gas na estancia, que resultaron negativas.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 16:55 horas, a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.

Nada más recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros do Carballiño, da Policía Local, da Garda Civil, do GES de Ribadavia e de Protección Civil.

Xa no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

Comentarios
Lo más