miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A ministra Teresa Ribera deixa claro o futuro da central de Endesa das Pontes

A ministra Teresa Ribera deixa claro o futuro da central de Endesa das Pontes
A ministra Teresa Ribera deixa claro o futuro da central de Endesa das Pontes

Tras unha reunión con Ribera, o alcalde de As Pontes lanzou unha mensaxe de calma

O xoves pasado, o secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez Abascal, activaba a voz de alarma manifestándo nunhas xornadas sectoriais que as centrais de carbón do país terían data de caducidade: 2030. Onte, a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, calma os ánimos confirmándolle ao alcalde de As Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que a térmica non terá data de caducidade. A mensaxe é clara: as térmicas que leven a cabo as reformas necesarias para adaptarse ás esixencias medioambientais poderán funcionar. Mentres non se fagan as reformas, tan só terán un número determinado de horas de funcionamento a partir de 2020 e deberán pechar unha vez esgotado o prazo.

En As Pontes, a central de Endesa está a investir 214 millóns de euros en obras de transformación para axustarse ás normas comunitarias máis esixentes: non só á Directiva de Emisións Industriais que entra en vigor no 2020, senón tamén aos documentos Bref, en vigor a partir dun ano despois, 2021, e que obriga a cumprir parámetros moito máis restrictivos.

González Formoso, acompañado do presidente do comité de empresa de Endesa, Luis Varela, afirmou que o proxecto de remodelación permitirá á central ser máis eficiente do que xa é e alongar a súa vida útil. Tras a reunión, da que se mostrou satisfeito, quixo transmitir unha mensaxe de calma deixando claro que a central vai seguir sendo unha peza clave na industria do pobo.


Comentarios
Lo más