miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Fundación Amigos de Galicia alerta sobre o aumento de delitos cometidos por menores de idade

A Fundación Amigos de Galicia alerta sobre o aumento de delitos cometidos por menores de idade
Foto de arquivo
A Fundación Amigos de Galicia alerta sobre o aumento de delitos cometidos por menores de idade

En 2017 foron condenados con sentencia firme en Galicia 428 menores de entre 14 e 17 anos, seis deles por delitos sexuais.

A Fundación Amigos de Galicia alerta do aumento de problemas xudiciais relacionados con menores de idade durante o último ano. Segundo os datos aportados pola entidade, en 2017 foron condenados con sentencia firme en Galicia 428 menores de entre 14 e 17 anos, seis deles por delitos sexuais. Ademais, o número de casos de violencia familiar producidos por menores de 18 anos incrementouse ao punto de supoñer o 8,44% do total de infraccións penais a menores, só por detrás de lesións e furtos.

Os motivos que a Fundación Amigos de Galicia esgrimen para explicar este aumento da delincuencia entre os menores galegos están relacionados coa convivencia en familias desestructuradas, caracterizadas por unha mala situación económica ou por problemas de alcoholismo e abuso de drogas. A situación destas familias, unida á falta de cariño, influiría negativamente no comportamento da xente nova e provocaría un despunte dos delitos.

Por outra parte, tamén critican a vulneración dos dereitos dos máis novos, pois máis do 50% dos nenos e nenas de España afirman ter sufrido algún tipo de acoso escolar e a metade das denuncias por delitos sexuais teñen como víctimas a menores. Demandan, por iso, maior implicación na defensa e protección da infancia, "un dos colectivos máis vulnerables e máis silenciados nas situacións de exclusión social".

A Fundación Amigos de Galicia desenvolve o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, que no ano 2017 atendeu as necesidades básicas de 15.590 menores en Galicia relacionadas coa alimentación, a hixiene ou a escolaridade. Ademais, organiza charlas e talleres de sensibilización nas escolas e, este ano, personouse como acusación particular para defender os dereitos de dous menores en Mondoñedo e Vedra.

Comentarios
Lo más