miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Martiño Noriega: "Eu non me confundiría de inimigo"

Martiño Noriega: "Eu non me confundiría de inimigo"
Martiño Noriega: "Eu non me confundiría de inimigo"

Noriega asevera que "difícilmente van atopar un goberno tan proactivo no que son as súas reinvindicacións" refiríndose ao conflicto dos centros socioculturais

Onte tivo lugar na Praza do Obradoiro  unha concentración dos traballadores e traballadoras dos centros socioculturais do concello para reinvindicar un traballo digno e que remate a precariedade do servizo público. O persoal afirma se romperon as negociacións coa empresa nas que se querían regular a situación, sobre todo, dos novos traballadores. Tamén denuncian o trato e as presións que reciben os traballadores, as variacións de horarios e de centros incompatibles coa vida persoal, a desorganización do servizo, en especial, das actividades... A todo esto súmase a reivindicación de facer promocións internas xa que se acude antes á contratación de persoal novo.

Martiño Noriega pronunciouse ao respecto afirmando que estes meses, nunha situación tan complexa, dende o concello intentouse garantizar a subrogación do persoal. Hai tres semanas, coa entrada da nova contrata na prestación do servizo forzouse a negociación dun convenio propio de empresa para regular os dereitos dos traballadores e traballadoras. 

No caso do persoal público que depende do Concello, Noriega informa de que foron cambiadas as responsibilidades de contrato, foron postas novas persoas e levaron a cabo traballos proactivos de coordinación. Tamén se mantivo moito diálogo cos colectivos sociais y veciñais que operan nos centros socioculturais. No caso deste conflicto, adoptouse unha posición de defensa das reivindicacións do persoal e asevera que non deberían "confundirse de inimigo", que non se vai atopar outro goberno tan proactivo dentro da limitación que hai como institución xa que, do que se está a falar, é dun conflicto da contrata e os seus traballadores. 

Con referencia ás actividades anuais dos centros socioculturais, o alcalde de Santiago asegura que hai que ter vontade por ambas partes de chegar a un acordo pero sí que hai  orde de manter continuidade na programación e de reforzarla. 

Tamén falou da posible rescisión do contrato, apuntando que as consecuencias que pode ter tomar esta decisión en forma de indemnizacións non son unha cuestión inmediata porque son expedientes complexos y xa se coñece os ritmos da Administración. E poñéndose no caso, non é o máis favorable acudir rápidamente á rescisión, quedando se concesionaria co que supón sacar un novo contrato, e estar cos centros paralizados. Non a considera coma unha solución.


Comentarios
Lo más