miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Ciclo de Teatro de Outono encara a súa recta final

O Ciclo de Teatro de Outono encara a súa recta final
O Ciclo de Teatro de Outono encara a súa recta final

A última función terá lugar a vindeira fin de semana.

O Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón desenvolveu durante as últimas semanas a súa programación, que esta fin de semana reuniu arredor de 200 persoas na cuarta sesión. A representación exhibida foi unha adaptación da obra Cousas, de Castelao, realizada polo Grupo municipal de Teatro de Ribeira.

O evento pecharase o vindeiro domingo coa posta en escena da peza Contos de zapatilla, interpretada polo Grupo de teatro de maiores do Centro Social de Vedra.

Todas as representacións teñen lugar na Casa da Cultura de Camporrapado e as entradas son de balde.

Comentarios
Lo más