miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Noriega recibe a antropóloga e feminista Marcela Lagarde

Noriega recibe a antropóloga e feminista Marcela Lagarde
Noriega recibe a antropóloga e feminista Marcela Lagarde

Marcela Lagarde foi a protagonista do acto que convocou o Concello onte á tarde dentro das actividades da campaña En negro contra as violencias

A antropóloga, feminista e investigadora Marcela Lagarde foi recibida onte á mañá polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, nun acto no Salón Amarelo do Pazo de Raxoi. Á recepción asistiron a edila de Igualdade, Marta Lois, así como as concelleiras María Corral e Goretti Sanmartín e o concelleiro Gonzalo Muíños. Marcela Lagarde asinou no Libro de Honra do Concello.

Marcela Lagarde foi a protagonista do acto que convocou o Concello onte á tarde dentro das actividades da campaña En negro contra as violencias. Trátase da Conversa feminista que mantivo a antropóloga mexicana e a catedrática de Filosofía pola USC, María Xosé Agra.

Lagarde está especializada en etnoloxía e é a principal representante do feminismo latinoamericano. Foi precisamente ela quen acuñou o termo "feminicidio" para facer referencia á situación da localidade mexicana de Ciudad Juárez. 

Posteriormente conseguiu que o Congreso do seu país creara unha comisión especial do feminicidio e, durante a súa lexislatura como deputada entre 2003 e 2006, impulsou a Ley General de Acceso para las Mujeres a una Vida Libre de Violencia. Tamén promoveu a tipificación do delito de feminicidio a raíz dos asasinatos en Ciudad Juárez.

Impulsou tamén a Lei de protección dos dereitos de nenas, nenos e adolescentes, a lei federal para previr e eliminar a discriminación, a lei para previr e sancionar a trata de persoas e a lei xeral para a igualdade entre homes e mulleres. 

Comentarios
Lo más