miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Estrela Vermelha feminino e masculino volve a Santiago con novos puntos debaixo do brazo

O Estrela Vermelha feminino e masculino volve a Santiago con novos puntos debaixo do brazo
Foto de arquivo
O Estrela Vermelha feminino e masculino volve a Santiago con novos puntos debaixo do brazo

Os conxuntos compostelán gañaron contra o Keltoi 

Os partidos xogados na tarde do domingo no campo da Etea remataron con dúas vitorias para o equipo compostelán, que regresou a Santiago cos puntos despois de ter dado unha moi boa imaxe.

Comezouse co partido do equipo feminino. Keltoi tardou varios minutos en atopar o seu sitio, e diversos fallos das xogadoras locais unidos á rapidez e axilidade das rapazas de Estrela fixeron que xa ó descanso a diferenza de puntos fose considerable.

Aínda así, o equipo vigués intentou recompoñerse na segunda parte, probando un novo esquema no que se moveu máis o balón e fixo que os nervos das keltiñas se calmaran un pouco, pero xa sen opcións para remontar.

Ás seis daba comezo o partido masculino, marcado pola verticalidade do Estrela e a súa capacidade para chegar á area de Keltoi en moi poucos pases. 

O acerto nos goles tamén foi determinante. Keltoi non puido romper unha defensa sólida e tamén tivo que enfrontarse a un día con pouca puntería e boas intervencións da primeira liña de Estrela.

Comentarios
Lo más