miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Confirman a condena de tres anos de cárcere a un interno de Teixeiro que portaba droga no seu corpo

Confirman a condena de tres anos de cárcere a un interno de Teixeiro que portaba droga no seu corpo
Confirman a condena de tres anos de cárcere a un interno de Teixeiro que portaba droga no seu corpo

O alto tribunal galego desestimou o seu recurso porque, aínda que a investigación se alongou 17 días, considera que as actuacións practicadas fóra de prazo non foron "relevantes"

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena de tres anos de cárcere que a Audiencia Provincial da Coruña lle impuxo a un interno de Teixeiro que en maio de 2017 portaba droga no seu corpo para distribuíla no interior do centro penitenciario. 

As substancias intervidas terían un prezo no mercado ilícito de 540 euros, segundo consta na sentenza. A defensa do sospeitoso alegou que a instrución do caso se prolongou máis do prazo de seis meses establecido por lei. 

O alto tribunal galego desestimou o seu recurso porque, aínda que a investigación se alongou 17 días, considera que as actuacións practicadas fóra de prazo non foron "relevantes".

Comentarios
Lo más