miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Partido Popular de Ames solicitará unha comisaría da Policía Nacional para o municipio

O Partido Popular de Ames solicitará unha comisaría da Policía Nacional para o municipio
O Partido Popular de Ames solicitará unha comisaría da Policía Nacional para o municipio

A medida está motivada polo conflito que o Concello arrastra coa Policía Local.

Os populares de Ames anunciaron esta mañá que presentarán unha moción no próximo Pleno municipal para instar o Ministerio de Interior e a Xunta de Galicia a instalar unha comisaría da Policía Nacional adscrita á de Santiago. Así o explicou en rolda de prensa Ramón García Argibay, candidato do Partido Popular de Ames ás vindeiras eleccións municipais.

A medida proposta dotaría de 50 axentes nacionais ao concello que, en situación de normalidade, sumarían 75 efectivos xunto cos da Policía Local. Ademais, indicaron, Ames cumpre todos os requisitos para ter un destacamento priopio, pois posúe máis de 30.000 habitantes e unha extensión de aproximadamente 90 kilómetros cuadrados. Dada a súa viabilidade e a súa pertinencia, esperan que a moción sexa apoiada por todos os grupos municipais.

Argibay explicou que esta proposta está motivada pola "situación de inseguridade" provocada pola "falta de diálogo" do goberno tripartito a respecto da problemática que arrastra coa Policía Local. Así, actualmente están de baixa 21 dos 25 axentes municipais cos que conta Ames, o que afecta directamente ao benestar da veciñanza, nomeadamente a parálise en urbanismo, na regulación do tráfico e na realización de controis de alcoholemia. A situación provocou tamén que o cuartel da Guarda Civil de Milladoiro se vexa sobrepasado nas súas funcións, dado que conta con 35 efectivos en lugar dos 50 que debería ter, dos cales só 28 están actualmente en activo, repartíndose tres turnos, noites e festivos e atendendo aos municipios de Ames, Teo, Vedra e Boqueixón. Todo isto xerou, sempre segundo o discurso popular, que o número de delitos penais aumentase no concello un 11,5% en 2018 con respecto ao ano anterior, tendencia que consideran preocupante e que debe ser atallada

Ante esta situación, os populares denunciaron que a única alternativa presentada polo Goberno municipal sexa a contratación de cinco auxiliares de Policía Local que, segundo cálculos dos populares, custarían arredor de 8.000 euros, cantidade que se achega moito ás demandas salariais que reclaman os axentes locais. Ademais, estes auxiliares terían funcións limitadas e específicas, de maneira que desde o Partido Popular consideran que esta medida "non ten sentido".

Por todo o exposto, e ademais de presentar a moción para reclamar unha comisaría de Policía Nacional, o Partido Popular de Ames esixiu ao alcalde, como máximo responsable da seguridade municipal, que dialogue coa Policía Local e acepte a mediación para acadar unha solución ao conflito.


Comentarios
Lo más