miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PP acusa ao Goberno de Ames de impoñer a precariedade nos servizos de conciliación

O PP acusa ao Goberno de Ames de impoñer a precariedade nos servizos de conciliación
Foto de arquivo
O PP acusa ao Goberno de Ames de impoñer a precariedade nos servizos de conciliación

Os populares afirman que David Santomil é o responsable de que máis de 90 usuarios se quedaran fóra do servicio dos comedores escolares

Según o PP de Ames, o Goberno tripartito de Ames, coa complicidade de Ames Novo, está poñendo en risco os servizos de conciliación á vez que deixa fóra do servizo dos comedores escoleres a máis de 90 usuarios. O PP sinala como culpable ao Concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, que do que tamén asegura que pretende pasar ao cobro de forma conxunta e nunha soa cota os servizos de conciliación correspondentes dende o mes setembro. Por este motivo, asegura o grupo popular, algunhas familias terán que pagar 700€ debido a que o concelleiro incumpre os prazos no envío dos recibos.

Os populares tamén recordan que, xunto con Pacto x Ames, pediran un pleno extraordinario o pasado mes de abril para abordar as carencias dos servizos de conciliación, en especial, do servizo de comedores escolares, e resolver o problema. Petición que fora rexeitada.

O PP de Ames culpabiliza ao "cuatripatrito de facto" que goberna Ames da situación actual do servizo de comedor e demáis servizos de conciliación, afirmando que estes servizos "foran un valor en Ames que ía mellorando ano tras ano independentemente do color do goberno".

Comentarios
Lo más