miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os socialistas de Ames presentan emendas aos orzamentos da Xunta para o 2019

Os socialistas de Ames presentan emendas aos orzamentos da Xunta para o 2019
Foto de arquivo
Os socialistas de Ames presentan emendas aos orzamentos da Xunta para o 2019

 As propostas abarcan as de saneamento e abastecemento ata as de melloras na seguridade viaria e peonil


O PSdeG de Ames presentou a pasada semana, a través do Grupo Socialista no Parlamento de Galcia, unha serie de emendas aos orzamentos do 2019 da Xunta. "O investimento para Ames é escaso debido ás grandes necesidades que posúe este concello, que lembramos é o que máis medra de Galicia durante a última década, ademáis de ser o máis mozo", destaca o alcalde e presidente dos socialesitas amesáns, José Miñones.

As propostas socialistas para o concello abarcan dende as de saneamento e abastecemento ata as de melloras na seguridade viaria e peonil. Según Blas García, secretario Xeral, "o concello de Ames precisa dunha maior dotación económica para realizar aqueles investimentos demandados pola veciñanza e que son ben coñecidos xa pola administración autonómica porque lle foron trasladados en reiteradas ocasións".

As enmendas xa foron remitidas ao Grupo Socialista no Parlamento de Galicia para que procure incluílas dentro da proposta definitiva de orzamentos que sairá da cámara autonómica.


Comentarios
Lo más