miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Luns do Ateneo: a relación entre a visión e a pintura

Os Luns do Ateneo: a relación entre a visión e a pintura
Os Luns do Ateneo: a relación entre a visión e a pintura

Ao longo das súas vidas, grandes artistas recoñeceron sufrir diferentes problemas oculares. Hoxe ás 20:00 horas no Ateneo de Santiago

Cézanne tiña miopía pero non usaba gafas para pintar; Pissarro sufriu dacriocistite, unha inflamación do conducto lacrimal; Monet tivo cataratas precoces e impedíalle ver os contornos; Munch case non vía polo ollo esquerdo e no dereito padeceu unha hemorraxia vítrea. Ao longo das súas vidas, grandes artistas recoñeceron sufrir diferentes problemas oculares.

Estes artistas, entre outros, serán os protagonistas do Luns do Ateneo de hoxe, onde a Oftanmóloga Carmen Fernández Jacob, disertará sobre como se reflicten nas súas obras pictóricas estas enfermidades oculares, tema que leva estudando dende hai once anos.


Comentarios
Lo más