miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alí regresa a Ames con novas aventuras

Alí regresa a Ames con novas aventuras
Alí regresa a Ames con novas aventuras

Luís Prego e Fabaloba presentarán o conto-obradoiro Un bico para Alí no marco das actividades do programa Apego.

Despois do éxito de A casa encantada de Alí, Luís Prego e Fabaloba volven a Ames o vindeiro sábado, para presentar na Casa da Cultura de Milladoiro as novas aventuras da súa protagonista co conto-obradoiro Un bico para Alí.

O conto-obradoiro constará de dúas sesións (ás 11:00 e ás 12:00 horas) en que as familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos poderán participar nunha chea de xogos, contos e cancións para axudar a Antón a recuperar a súa voz despois de que o vento lla roubara.

A actividade está dirixida a unhas vinte familias por sesión, e para acudir é necesario inscribirse antes do 23 de novembro, mediante o envío dun correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal co nome e idade dos participantes, un teléfono de contacto e a sesión escollida.

Un bico para Alí enmárcase dentro do programa do Apego, que é un proxecto colectivo que busca acompañar, dar apoio ás familias e poñer en valor a transmisión da lingua galega ás crianzas durante os seus primeiros anos de vida. En Ames, o programa do Apego conta xa con máis de 100 familias adheridas.

Comentarios
Lo más