miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Licitadas as obras dos viarios das Mimosas por 85.309,19 euros

Licitadas as obras dos viarios das Mimosas por 85.309,19 euros
Licitadas as obras dos viarios das Mimosas por 85.309,19 euros

Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+2018.

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras de pavimentación dos viarios da urbanización das Mimosas, en Biduído. O importe do contrato é dun total de 85.309,19 euros. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+2018.

As obras contempladas no proxecto pretenden mellorar a capa de rodaxe dos viarios do núcleo das Mimosas, previa reparación de fochancas e limpeza dos bordes de ambos lados. Despois da pavimentación procederase a colocar sinalización horizontal con pintado de liñas e símbolos, así como a adaptación de 48 pozos e arquetas á nova rasante.

Comentarios
Lo más