miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG informa en Corrubedo sobre os Campos de Samil

O BNG informa en Corrubedo sobre os Campos de Samil
O BNG informa en Corrubedo sobre os Campos de Samil

Os nacionalistas acusan aos populares de "desatender as preocupacións das parroquias"

O BNG de Ribeira celebrou en Corrubedo un acto público para explicar á veciñanza o estado actual dos Campos de Samil e as actuacións que o Goberno municipal ten pensado levar a cabo na zona. A charla correu a cargo dos concelleiros nacionalistas Xosé Vázquez e Luís Pérez.

Desde o BNG explican levaron a cabo esta iniciativa ante a "opacidade coa que actúa o Partido Popular" á hora de informar a veciñanza de Corrubedo do "roubo de terreo público" levado a cabo. 

Neste sentido, os nacionalistas acusan aos populares de "desatender as preocupacións das parroquias" e de non manter a debida transparencia en cuestións de bens patrimoniais do concello.

Comentarios
Lo más