miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares denuncian a paralización da licitación da oficina técnica de Smartiago

Os populares denuncian a paralización da licitación da oficina técnica de Smartiago
Foto de arquivo
Os populares denuncian a paralización da licitación da oficina técnica de Smartiago

Denuncian a "inoperancia" do Goberno municipal para poñer en marcha o proxecto.

O Grupo Municipal Popular denunciou que o Goberno municipal ten paralizada a licitación da oficina técnica do Smartiago, unha iniciativa impulsada polo Partido Popular cando se ocupaba o Pazo de Raxoi. 

Segundo explican os populares, en decembro de 2017 o Concello de Santiago asinou un convenio co Ministerio de Economía, Industria Competitividade para o desenvolvemento do Smartiago, orzamentado en 12 millóns de euros e financiado nun 80% por fondos europeos FEDER. Lembran ademáis que a primeira fase do proxecto ten un prazo de execución de catro anos e xa pasou un ano sen que fose adxudicado e licitado. De feito, continúan, o pasado 18 de setembro, a Xunta de Goberno Local anulou a licitación pública da oficina técnica debido a un recurso presentado por unha empresa por cuestións de concorrencia competitiva.

Desde o Partido Popular compostelán critican a "inoperancia"  de Compostela Aberta, que "non entende ben que sen innovación non hai futuro e non lle dá a importancia que merece a un proxecto que promete poñer a Santiago na vangarda das novas tecnoloxías".

Smartiago é un proxecto que ten como obxectivo a mellora da eficiencia nos servizos públicos de recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mobilidade e iluminación pública a nivel local. Está incluído no marco do Programa Operativo de Crecemento intelixente (POCint).

Comentarios
Lo más