Cheo absoluto na sesión inaugural de Cinema Crianza
Proxectáronse nove curtas da sección Narracións Extraordinarias.
A sesión inaugural do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Crianza encheu a Casa da Cultura de Bertamiráns coa proxección de nove curtas da sección Narracións Extraordinarias.
As crianzas e as súas familias puideron desfrutar de grandes historias de moita fantasía que optan ao Premio Axóuxeres: Po no ceo (Canadá), de Iris Moore; Cinco minutos para o Baño (Rusia), de Natalia Mirzoyan; Cmo un Corpo (Austria), de Lukas Uvacek; Drasnoludki (Bielorrusia-), de Roman Burmakov; Alfombra de Paz (Irán), de Ziba Arzhang; O Pequeno Heroe (Rumanía), de Elena Ciolacu), Patas para Arriba (Ucraína), de Olha Havrylova; Mareas (Países Baixos), de Fleur Sophie de Boer e O Paxaro e a Balea (Irlanda), de Carol Freeman.
O Certame deu comezo o xoves con sesións para escolares e coa celebración dunha mesa redonda titulada Cruce de Camiños, na que se reflexionou sobre a necesidade de alfabetización audiovisual para introducilo como ferramenta multidisciplinar.