miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Veciños de Boqueixón e Vedra achéganse á realidade das persoas xordas

Veciños de Boqueixón e Vedra achéganse á realidade das persoas xordas
Veciños de Boqueixón e Vedra achéganse á realidade das persoas xordas

Trátase dunha iniciativa formativa de 10 horas de duración.

A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela ofrece un curso de lingua de signos española no municipio de Boqueixón.

Máis dunha ducia de persoas dos municipios de Boqueixón e Vedra comezaron esta semana a aprendizaxe da lingua de signos española da man da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela.

Trátase dunha iniciativa formativa de 10 horas de duración divididas en distintas sesións nas que se imparten nocións básicas de lingua de signos co obxectivo de achegar os participantes á realidade das persoas xordas.

As próximas sesións, de carácter gratuíto, terán lugar os xoves 22 e 29 de novembro en horario de tarde.

Comentarios
Lo más