A plataforma contra a mina de Touro-O Pino convoca unha nova concentración de protesta
06:30 18/11/18
06:30 18/11/18
Terá lugar hoxe ás 12:30 na Alameda de Compostela.
A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non realizará unha concentración cívica de repulsa á pretendida reapertura da mina de cobre. A convocatoria terá lugar hoxe ás 12:30 horas na entrada da Alameda compostelana. Ali, coa autorización do Concello, estará colocada unha pancarta co lema "Non á mina de Touro-O Pino. Pedimos respecto"
Desde a plataforma convidan a participar a toda a veciñanza de Santiago, asociacións e grupos da Corporacion Municipal, xa que, afirman, "a reapertura da mina de cobre a ceo aberto afectaría moi gravemente á calidade de vida e á saude dos cidadáns, ao medio ambiente e, tal como denunciou recentemente ICOMOS, órgano asesor da UNESCO, ao propio Camiño de Santiago".