miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os traballadores de Alcoa volven manifestarse na Coruña

Os traballadores de Alcoa volven manifestarse na Coruña
Foto de arquivo
Os traballadores de Alcoa volven manifestarse na Coruña

Concentráronse o sábado na praza de María Pita para rexeitar de novo o peche da factoría.

A plantilla de Alcoa volveu manifestarse este sábado contra o peche da fábrica de aluminio da empresa na Coruña. Baixo o lema "Alcoa peche non",  os traballadores da factoría coruñesa concentráronse ás 12:00 horas na praza de María Pita. En solidariedade, o Concello da Coruña permitiu colocar unha pancarta na fachada do consistorio co mesmo lema.

A concentración, que foi apoiada por perto dun millar de persoas, culminou semanas de mobilizacións e protestas do comité de empresa de Alcoa na Coruña co obxectivo reclamar o fin dos plans da multinacional norteamericana de abrir un ERE e pechar as fábricas da Coruña e Avilés. Agora, os traballadores teñen a vista posta en Europa, xa que este luns están citados no tribunal de Rotterdam no que denunciaron a Alcoa por incumprir o proceso de información e consultas.

Os traballadores de Avilés tamén protagonizaron onte unha concentración diante da factoría que durou máis de once horas.



Comentarios
Lo más