miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres feridos por dous incendios en O Grove e Vicedo

Tres feridos por dous incendios en O Grove e Vicedo
Foto de archivo
Tres feridos por dous incendios en O Grove e Vicedo

O 112 Galicia tivo constancia esta tarde de dous incendios nos que foi necesaria a atención sanitaria.

O 112 Galicia tivo constancia esta tarde de dous incendios nos que foi necesaria a atención sanitaria.

O primeiro incendio produciuse ás 13:20 horas de hoxe na parroquia de Suegos, no concello lugués, onde un home sufriu diversas lesións ao escaparse unha queima que realizaba preto do ceminterio.

Ademais dos servizos de extinción do distrito forestal correspondente e os Bombeiros de Viveiro, o home necesitou de asistencia sanitaria, que recibiu no Centro de Saúde da localidade a onde se desprazou polos seus medios.

En canto ao incendio, quedou totalmente sufocado e somentes chegou a afectar a unha pequena parte de monte baixo.

Un par de horas máis tarde, outro incendio, neste caso nun alprende que facía as veces de vivenda, causou feridas e unha leve intoxicación aos dous ocupantes. Tamén foi un veciño quen deu a voz de alerta mediante a súa chamada ao 112 Galicia. Segundo indicou, o galpon, situado no lugar de Campos, ardía con intensidade. De feito, tal e como sinalaron os Bombeiros de Ribadumia e os membros do grupo municipal de emerxencias resultaron calcinados un salón, unha habitación, unha entrada e derrumbouse o teito.

Neste operativo tamén colaboraron os membros do GES de Sanxenxo e asa forzas de seguridade locais.  

Comentarios
Lo más