Mercadillo benéfico contra o cancro en Ardemil
12:04 17/11/18
12:04 17/11/18
Os fondos serán destinados á xunta local de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro.
O local social de Ardemil acolle a celebración dun mercadillo benéfico para recadar fondo para a xunta local de Ordes da Asociación Española Contra o Cancro. O evento terá lugar esta tarde das 16:00 ás 18:00 horas, e repetirase o vindeiro sábado 24 de novembro.
No mercado poderanse atopar prendas, calzado e bixutería tanto nova como de segunda man. Os prezos dos produtos ofrecidos oscilará entre os dous e os 70 euros, e os beneficios destinaranse íntegramente á AECC.