O Concello dá luz verde a convenios con entidades deportivas da cidade
06:30 17/11/18
06:30 17/11/18
O máis importante será asinado co Obradoiro CAB.
O Concello de Santiago asinará varios convenios con diferentes entidades deportivas. O máis salientable é o acordo que asinará co Obradoiro CAB, que recibirá unha axuda municipal por valor de 120.000 euros.
Outras entidades que recibirán fondos locais serán o Club Triatlón Santiago (20.000 euros), a Federación Galega de Atletismo (10.000 euros), e o Club Atletismo Santiago (9.000 euros).
Tamén se aprobaron convenios co Club Victoria Santiago (7.000 euros) e coa Federación Galega de Montañismo (5.000 euros).