miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Iníciase o proceso de adxudicación do edificio multiusos de Lavacolla

Iníciase o proceso de adxudicación do edificio multiusos de Lavacolla
Foto de arquivo
Iníciase o proceso de adxudicación do edificio multiusos de Lavacolla

Será financiado con cargo ao POS+2018 da Deputación da Coruña.

O Concello de Santiago anunciou o inicio do proceso de adxudicación do edificio multiusos en Lavacolla cun tipo de licitación de 312.000 euros que será financiado con cargo ao POS+2018 da Deputación da Coruña.

Segundo explicou a tenente de alcalde, María Rozas, a construción do edificio viña sendo demandada polos veciños de Lavacolla. O novo equipamento estará aberto en horario lectivo para escolares e fóra dese horario para o conxunto da cidadanía. 


Comentarios
Lo más