miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Goberno local investirá 300.000 euros na creación dunha skatepraza na praza da Constitución

O Goberno local investirá 300.000 euros na creación dunha skatepraza na praza da Constitución
O Goberno local investirá 300.000 euros na creación dunha skatepraza na praza da Constitución

O proxecto contempla tamén o acondicionamento e mellora da praza.

A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Obras y Servicios Gómez Crespo SL as obras de reforma do parque da Constitución, que suporán a creación dun espazo para a práctica de skate de case 1.500 metros cadrados. O investimento ascenderá a máis de 300.000 euros e o prazo de execución é de catro meses.

A "skatepraza" proxectada ocupará a liña do parque que discorre a carón do Parlamento , así como a praza do Mirador. Estará organizada en tres niveis, con ramplas, escaleiras, obstáculos e mobiliario pensados e deseñados especialmente para a práctica do skate. Coa construcción desta "skatepraza", o actual skatepark próximo ao parque será substituído por un circuito de street workout e calistenia. 

Ademais da skatepraza, as obras contemplan o acondicionamento da praza da Constitución, a renovación da pérgola, a mellora da accesibilidade e a substitución do mobiliario urbano, instalando tamén elementos que disuadan a práctica do skate fóra da zona habilitada para iso. 

A tenente de alcalde, María Rozas, afirmou que a reforma do parque da Constitución foi "un compromiso asumido polo Goberno" e que o proxecto "da cumprimento a un acordo adoptado polo Pleno da Corporación para habilitar unha zona de skate en Compostela".

Comentarios
Lo más