Noia celebra a oitava edición do Sábado Negro
Participarán máis de 40 establecementos que ofrecen descontos do 20% nos seus produtos.
Noia acolle hoxe a oitava edición do Sábado Negro, no que máis de 40 establecementos da vila ofrecerán os seus produtos cun 20% de desconto e ampliarán o seu horario de apertura ata as 22:00 horas. A iniciativa parte de Noia Histórica, en colaboración co Concello e coa Dirección Xeral de Comercio.
Ademais, Noia Histórica ten previstas dúas actividades complementarias: un chocolate con churros para crianzas a partir das 18:00 na Praza do Curro e o sorteo dun reloxo smartwatch Michael Kors Sofie de aceiro, ao que só se poderá acceder mercando nos establecementos participantes.
Este proxecto xurdiu hai oito anos como unha adaptación do costume anglosaxón do Black Friday, ainda pouco coñecido naquel momento. Tivo tanto éxito que actualmente participan todo tipo de negocios, da moda e o calzado a decoración e xoguetes.