Milladoiro honra con música a Santa Icía
Este sábado terá lugar na Casa da Cultura un concerto de corais polifónicas na honra da patroa da música.
A Casa da Cultura de Milladoiro acollerá este sábado un concerto de honra a Santa Icía, patroa dos músicos. O acto contará coa actuación da Coral Arumes do Castro de Cerdido, das Pandereteiras de Costaneira e a Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido. A cita terá lugar ás 19:30 horas e a entrada é gratuita ata completar aforo.
Durante o evento, que durará aproximadamente unha hora, cada agrupación interpretará catro pezas de música galega tradicional e de música actual. Asemade, a Coral de Bugallido representará unha compilación de temas de Abba con acompañamento de piano.
O concerto está organizado pola Coral Polifónica Antonio Santomil de Bugallido coa colaboración do Concello de Ames e da Deputación da Coruña.