O Servizo de Neonatoloxía do CHUS e AGAPREM celebran a Semana do Prematuro
06:30 17/11/18
06:30 17/11/18
Organizaron diversas actividades ao longo da semana.
O persoal do Servizo de Neonatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, xunto coa Asociación Galega de Prematuros (AGAPREM) celebraron a Semana do Prematuro coa organización de diversos actos e actividades.
Así, durante os últimos días realizaron unha Escola de Pais, celebraron o Día dos Avós, o Día da Lactancia Materna e o Día dos Irmáns e fomentaron o Método Canguro e os Coidados Centrados no Desenvolvemento e na Familia.
O Servizo de Neonatoloxía do Hospital Clínico atendeu no que vai de ano 60 grandes prematuros, dos cales 35 pesaron menos de 1.500 gramos.