Falece atropelada unha veciña de Pol
06:30 17/11/18
06:30 17/11/18
A vítima tiña 91 anos e o accidente tivo lugar ao pé da súa casa.
Unha persoa perdeu a vida na tarde de onte ao ser atropelada por un camión no municipio lucense de Pol. A vítima é unha veciña da localidade de 91 anos de idade. O camioneiro, que resultou ileso, asegurou que fora deslumbrado polo sol
Os feitos ocorreron na N-640, á altura do punto quilométrico 65, xunto á casa da falecida. Cando as Urxencias Sanitarias chegaron ao lugar, os efectivos só puideron confirmar a morte da muller.