miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aprazada a actuación do Teatro Escola de Narón en Brión

Aprazada a actuación do  Teatro Escola de Narón en Brión
Aprazada a actuación do Teatro Escola de Narón en Brión

A representación de Será por camiños foi aprazada ata novo aviso.

A función do grupo Teatro Escola de Narón prevista para esta tarde no centro social polivalente de Brión foi anulada a última hora e ata novo aviso. 

Estava previsto que o grupo de teatro afeccionado representase a súa obra Será por camiños, unha peza familiar que conta a historia de Renata Castro, unha muller de familia nobre do século XIII que escapa dun matrimonio de conveniencia. Na súa fuxida atopará a Gaspar, un xograr co que emprenderá o camiño a Santo André de Teixido, vivindo aventuras fantásticas. O texto da obra é de José Prieto e Manuel Areoso, e o grupo de teatro afeccionado está dirixido por Celia González.


Comentarios
Lo más