Albert de Ribadavia leva a maxia a Lousame
08:30 17/11/18
08:30 17/11/18
Representará o seu espectáculo O buhonero esta tarde na Casa da Cultura.
O mago Albert de Ribadavia visitará hoxe a Casa da Cultura de Lousame para presentar o seu espectáculo interactivo O buhonero, dirixido a todos os públicos. A sesión de maxia dará comezo ás 18:00 horas e a entrada é de balde.
Durante a actuación, baseada no gremio dos vendedores ambulantes, o mago Albert fará trucos moi variados coa colaboración do público presente.
O espectáculo forma parte do III Festimaxia de Lousame, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.