miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mirás visita tres estudantes que reciben formación laboral en Derry

Mirás visita tres estudantes que reciben formación laboral en Derry
Mirás visita tres estudantes que reciben formación laboral en Derry

Participan no programa Galeuropa, promovido pola Mancomunidade de Ordes.

O alcalde do Concello de Oroso, Manuel  Mirás, viaxou ata Derry, en Irlanda, para coñecer a formación laboral que están a recibir tres mozas do municipio no marco do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, promovida pola Mancomunidade de Ordes. Este programa cubre a manutención, seguro, viaxe, aloxamento e preparación lingüística dos participantes durante a súa estancia no estranxeiro, onde realizan prácticas empresariais.

Nesta edición, son catro os estudantes de Oroso que están a participar no programa, dos cales un está en Turín e foi tamén visitado pola concelleira Beatriz Rodeiro. Tamén se atopan en Derry rapaces doutros concellos da Mancomunidade de Ordes, como Frades, Mesía ou Ordes. 

Durante a súa viaxe, Mirás asegurou que para o Goberno local é unha prioridade a formación das novas xeracións, e afirmou que estaban moi satisfeitos con que os mozos e mozas do muncipio reforcen as súas competencias profesionais á vez que adquiren coñecemento doutros idiomas. Asemade, asegurou que a visita realizada a Derry non supuxo ningún custo para o Concello de Oroso.


Comentarios
Lo más