miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Consellería de Cultura ofrece aos Franco trasladar a biblioteca de Pardo Bazán á Cidade da Cultura

A Consellería de Cultura ofrece aos Franco trasladar a biblioteca de Pardo Bazán á Cidade da Cultura
Foto de arquivo
A Consellería de Cultura ofrece aos Franco trasladar a biblioteca de Pardo Bazán á Cidade da Cultura

Propón unha cesión gratuíta para facilitar a conservación e difusión da obra.

Nunha carta remitida aos herdeiros da familia Franco, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, ofrécelles a posibilidade de albergar na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura os fondos da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, que agora mesmo se atopan no Pazo de Meirás. 

Neste sentido, a Consellería propón unha cesión gratuita para facilitar a conservación, catalogación, dixitalización e difusión dunha obra que ten "un gran interese cultural". 

A escritora Emilia Pardo Bazán creou unha biblioteca de preto de 17.000 volumes dun alto valor bibliográfico e histórico. Unha parte foi doada á Real Academia Galega en 1978, e outra parte ficou na Torre de Meirás que alberga a biblioteca, e que sufriu un incendio que dezmou a colección. Desde entón, calcúlase que restan na biblioteca uns 4.000 volumes.

Comentarios
Lo más