miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Futsal teno claro e quere gañar en Canarias

O Futsal teno claro e quere gañar en Canarias
O Futsal teno claro e quere gañar en Canarias

Este sábado contarán cunha nova oportunidade para acertar á diana e levar os 3 puntos da súa visita a Gran Canaria no encontro da 10ª Xornada de Segunda División LNFS ás 20.30 h no Pavillón Centro Insular

Non queren mirar atrás. No encontro deste sábado en Gran Canaria hai que dar un paso adiante, sobre todo de cara gol. Se algo lle está penalizando ao conxunto da capital galega é a falta de anotación e iso que, a excepción do derbi galego ante Pescados Rubén Burela, os partidos do Santiago Futsal están a decidirse pola mínima; “Fáltanos pegada desde que empezou a competición. É algo que traballamos pero requírese de especialistas. Con todo, a nivel defensivo somos dos máis solidario que hai”, explicou o míster Santi Valladares.

Este sábado contarán cunha nova oportunidade para acertar á diana e levar os 3 puntos da súa visita a Gran Canaria no encontro da 10ª Xornada de Segunda División LNFS ás 20.30 h no Pavillón Centro Insular. A posibilidade de recuperar a dinámica positiva nos encontros a domicilio preséntase no encontro deste sábado. Lonxe de Santa Isabel lograron cultivar unha vitoria en Noia (2-3) e un empate ante o filial FC Barcelona B (1-1); catro valiosos puntos a domicilio nunha conta que os santiagueses queren aumentar para abandonar os postos de descenso. 

Valladares falou en rolda de prensa do momento que atravesa o persoal celeste que non é, nin moito menos, preocupante “Estamos en situación de descenso, pero a só 3 puntos do décimo. Estamos concienciados de que estamos abaixo, aínda que é unha alarma ámbar e non vermella. Temos un equipo novo que ten que irse adaptando e ten que coller o seu sitio. A iso súmase a lesión de Everton, algo que determinou a nosa actuación. Non foi un camiño de rosas o que pasamos ata o de agora”.

Do rival do sábado, Gran Canaria FS; un conxunto co que comparte o feiro de ter descendido a pasada temporada á categoría de prata e que se atopan con só un punto máis que os santiagueses na 13ª posición, Valladares explicou “Enfrontámonos dous equipos nunha situación de urxencia no que a única vantaxe que teñen é que xogan na casa”.

A expedición viaxará a mañá do sábado para chegar a Gran Canaria para disputar o encontro ás 20.30 h, 19.30 hora insular. A falta de realizar o último adestramento da semana antes do encontro, a única baixa confirmada do Santiago Futsal é a de Everton que segue a recuperarse da lesión na fascia plantar.

Comentarios
Lo más