miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Lousame está a sufrir microcortes de subministro eléctrico

O Concello de Lousame está a sufrir microcortes de subministro eléctrico
Foto de arquivo
O Concello de Lousame está a sufrir microcortes de subministro eléctrico

Non son duradeiros no tempo pero supoñen moitas molestias

Nos últimos días, o  Concello de Lousame está a sufrir microcortes de subministro eléctrico en varios puntos do municipio. Según a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, "é unha situación que se produce dende hai tempo pero están a ser continuos".

Os cortes non son duradeiros no tempo pero "supoñen moitas molestias e poden causar danos nos electrodomésticos", asegura a alcaldesa. "No caso concreto dos traballadores e traballadoras municipais, estes microcortes supoñen a perda do traballo realizado".

Esta situación dase despois de que Unión Fenosa Distribución fixera traballos para mellorar e manter a rede de distribución en todo o municipio o pasado mes de xullo, cousa que tamén supuxo significativas molestias para a veciñanza. 

Por este motivo, dende o Concello queren informar que demandarán unha solución a Unión Fenosa Distribución.

Comentarios
Lo más