miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Investigan un veciño de Gondomar por maltrato animal

Investigan un veciño de Gondomar por maltrato animal
Foto de arquivo
Investigan un veciño de Gondomar por maltrato animal

A súa cadela foi rescatada na rúa con sintomas de desnutrición.

A Garda Civil está a investigar un veciño de Gondomar, en Pontevedra, por un presunto delito de maltrato animal despois de que a súa cadela fora rescatada da rúa en avanzado estado de desnutrición. De ser formalmente acusado, podería enfrentarse a pena de prisión, además de ser inhabilitado para ter e traballar con animais.

Foi unha protectora de animais da zona a que presentou unha denuncia informando do mal estado de hixiene e saúde que presentaba unha cadela que atoparan abandonada na vía pública. Segundo o informe da clínica veterinaria que o examinou, o animal sufría un grave deterioro físico debido á falta de alimentación, tiña unha úlcera nun ollo e estaba parasitado por pulgas.

A cadela atópase agora baixo a custodia e coidados da protectora que a rescatou e recupérase satisfactoriamente. 

Comentarios
Lo más