Atropelada unha moza en Boiro
10:18 16/11/18
10:18 16/11/18
A rapaza foi trasladada ao Hospital do Barbanza.
Unha moza foi atropelada na Rúa da Constitución de Boiro arredor das 22:00 horas da noite de onte. O propio conductor implicado chamou ao servizo de emerxencias para solicitar asistencia médica urxente para a rapaza. Persoal das Urxencias Sanitarias e do servizo municipal de Protección Civil acudiron ao lugar do atropelo e colaboraron para trasladala o antes posible ao Hospital do Barbanza.