Xornada de ceos despexados en Compostela
08:00 16/11/18
08:00 16/11/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima será de 18ºC
O venres Galicia continuará con influencia anticiclónica e con circulación do sueste algo máis marcada que nas xornadas anteriores.
Con esta situación, teremos unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados, con intervalos de nubes baixas no sur e leste do territorio.
As temperaturas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima será de 18ºC.
Os ventos soprarán frouxos do sueste, aumentando en intensidade pola noite.