miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Biblioteca de Ribeira acolle unha exposición sobre as autores das Letras Galegas

A Biblioteca de Ribeira acolle unha exposición sobre as autores das Letras Galegas
A Biblioteca de Ribeira acolle unha exposición sobre as autores das Letras Galegas

A exposición titúlase “Unha década de Letras 73-82” e permanecerá na biblioteca riveirense ata o 28 de novembro

Por iniciativa da Asociación O Ferrado de Asados en colaboración co Concello, dende onte a Biblioteca Municipal de Ribeira está a exhibir unha nova exposición dedicada a lembrar e loar a figura de dez autores honrados no Día das Letras Galegas.

Asi, se a finais de 2017 esta mesma instalación pública situada na rúa Manuel Lustres Rivas acolleu unha mostra dedicada aos dez primeiros literatos homenaxeados (de Rosalía de Castro en 1963 a Valentín Lamas Carbajal en 1972) nesta ocasión a proposta se centra nos do período 1973-1982: Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Luis Amado Carballo, Alfonso X O Sabio, Antón Vilar Ponte ou o rianxeiro Manuel Antonio, entre outros.

A exposición titúlase “Unha década de Letras 73-82” e permanecerá na biblioteca riveirense ata o 28 de novembro. Con esta acción preténdese dar luz á conmemoración cultural máis importante de Galicia, á vez que invita ao recordo da obra dos escritores aquí representados. A exposición consiste nunha decena de paneis nos que se mestura a imaxe de cada autor con datos biográficos básicos e citas das súas obras.


Comentarios
Lo más