COMPOSTELA24HORAS recoñecida por Cruz Vermella como empresa que loita contra a exclusión social
O director de COMPOSTELA24HORAS, Chema Fernández, recolleu onte o diploma de recoñecemento pola labor, nun evento que tivo lugar na Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura acolleu onte un evento de Cruz Vermella onde COMPOSTELA24HORAS foi recoñecida empresa que loita contra a exclusión social. O recoñecemento foi para 292 empresas que son socias ou colaboran coa organización.
O acto estivo presentado polo actor Víctor Grande e contou coa presencia de Mercedes Casa nova, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña; José Luis Barreiro, presidente da Asamblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela; e Rocío Ovalle, coordinadora da Asamblea Comarcal de Cruz Vermella en Santiago de Compostela. Amais, ao acto acudiron 50 das 292 empresas que colaboran coa organización, entre elas, COMPOSTELA24HORAS.
Os bos resultados desta alianza entre a Asamblea Comarcal da Cruz Vermella en Santaigo de Compostela e as empresa, plásmase de forma clara no emprego: no 2017, un total de 350 persoas participaron no Plan de Emprego. Delas, conseguiuse a inserción de 213 persoas, un 61% do total, e realizáronse 238 cursos formativos.
O mérito, ademáis do esforzo dos propios participantes, é compartido coas empresas que os acollen en prácticas imparten formación ou contacta co equipo de Cruz Vermella cando necesitan contratar algún novo empleado.