miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Plan Especial da Cidade Histórica apróbase co voto a favor de CA e as críticas do PP

O Plan Especial da Cidade Histórica apróbase co voto a favor de CA e as críticas do PP
Foto de archivo
O Plan Especial da Cidade Histórica apróbase co voto a favor de CA e as críticas do PP

Jorge Duarte incidiu en que "non se poden facer discriminacións para permitir os pisos turísticos que teñan a autorización da Xunta, porque o Concello estaría renunciando a aplicar unha competencia que lle é propia"

Na sesión de hoxe tamén se aprobou a modificación puntual do Plan Especial da Cidade Histórica, para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial.

A proposta contou cos votos a favor de Compostela Aberta, a oposición do PP, e a abstención de PSOE e BNG. Segundo explicou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, o obxectivo da modificación "é delimitar o uso dos inmobles da cidade histórica para garantir o uso residencial e evitar que continúe a proliferación de aloxamentos turísticos". 

Jorge Duarte incidiu en que "non se poden facer discriminacións para permitir os pisos turísticos que teñan a autorización da Xunta, porque o Concello estaría renunciando a aplicar unha competencia que lle é propia".

Tamén relacionado co Plan Especial, no Pleno de hoxe quedou rexeitada a proposta para solicitar o inicio de avaliación ambiental de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica e do Plan de Xestión. O PP votou en contra da iniciativa, mentres que o PSOE optou pola abstención, impedindo a maioría absoluta precisa para que o documento fora remitido á Consellería de Medio Ambiente. 

ESTADIO VERO BOQUETE

Antes do Pleno ordinario de hoxe celebrouse unha sesión extraordinaria para ratificar o acordo unánime adoptado hai uns días pola Comisión de Condecoracións, para que o Estadio Municipal de San Lázaro leve o nome de Verónica Boquete. Deste xeito Santiago homenaxea a unha das súas figuras deportivas máis importantes, unha das mellores futbolistas da historia da nosa cidade e do conxunto do Estado.

Na sesión extraordinaria tamén tomou posesión Pedro Rey Sanchiz como novo concelleiro do PP, ocupando a acta que deixara libre Teresa Gutiérrez para asumir a dirección de Augas de Galicia. 

Comentarios
Lo más