miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Homenaxe no Paraninfo ao profesor Augusto Pérez Alberti

Homenaxe no Paraninfo ao profesor Augusto Pérez Alberti
Homenaxe no Paraninfo ao profesor Augusto Pérez Alberti

No acto, que presidirá ás 11.00 horas o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González

Discípulos e compañeiros do catedrático de Xeografía Física da USC recentemente xubilado Augusto Pérez Alberti organízanlle este venres 16 unha homenaxe no Paraninfo da Universidade.

No acto, que presidirá ás 11.00 horas o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco R. Durán Villa, e o director do Departamento, Rubén C. Lois González.

Na cerimonia intervirá tamén Marcos Valcarcel Díaz, en representación dos editores do libro realizado ex profeso para a ocasión Xeomorfoloxía e Paisaxes Xeográficas. Catro décadas de investigación e ensino. Homenaxe a Augusto Pérez Alberti.

Comentarios
Lo más