miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xerencia de Santiago súmase á celebración do "Día da Adherencia e Información dos Medicamentos"

A Xerencia de Santiago súmase á celebración do "Día da Adherencia e Información dos Medicamentos"
A Xerencia de Santiago súmase á celebración do "Día da Adherencia e Información dos Medicamentos"

Colocouse unha mesa informativa para concienciar aos usuarios dos beneficios de cumprir os obxectivos en relación á farmacoterapia


A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago súmase á celebración do Día Mundial da Adherencia e Información dos Medicamentos que este ano ten o lema “a túa medicación, a túa saúde, a túa vida”, unha aposta pola implicación como factor de éxito para mellorar a adherencia ao tratamento.

Desde hai 9 años a SEFH (Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria), celebra cada 15 de novembro o Día da Adherencia para concienciar a pacientes, profesionais e sociedade en xeral da importancia dunha adecuada adherencia terapéutica.

O servizo de farmacia da Xerencia compostelá instalou unha mesa informativa na entrada do Hospital Clínico- á que se achegou a xerente da XXI de Santiago, Eloína Núñez- para sumarse ao acto de concienciación aos usuarios dos beneficios de cumprir os obxectivos en relación á farmacoterapia, recordarlles a importancia de seguir as pautas no seu tratamento e de non esquecer as tomas de cada medicamento.

A falta de adherencia en enfermidades crónicas compromete o resultado terapéutico e supón altos custes ao sistema en efectos adversos evitables e obxectivos terapéuticos non acadados.

Segundo Beatriz Bernárdez, do grupo de coordinación “Adhefar” da Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria, e referente para a adherencia o servizo de farmacia da Xerencia compostelá “estímase que un 50% dos pacientes con enfermidades crónicas en España non son adherentes. A distribución por patoloxías en falta de adherencia é variable dende un 70% en depresión, 60% en EPOC, 30% en enfermidades oncolóxicas e un 20% en VIH”.

No servizo de farmacia da Xerencia compostelá teñen adoptado medidas de información e educación ao paciente todo o ano para concienciar da importancia da adherencia: simplificación de pautas, revisión de fármacos e plan terapéutico; tamén se lle ofrece ao usuario unha canle de comunicación continua a través de teléfono e se revisan as dispensacións para medir a adherencia.

Comentarios
Lo más