En Marea presentou no Congreso unha iniciativa para manter a actividade nas factorías de Alcoa
A voceira de Industria sinalou que o Executivo “repite un modelo fallido que non serve para dar resposta ás industrias electrointensivas”
A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, presentou este xoves xunto ao voceiro no Congreso, Antón Gómez-Reino, e varios deputados do Grupo Confederal, unha iniciativa relativa ao mantemento da actividade das plantas da multinacional Alcoa en A Coruña e Avilés.
“Precisamos un Goberno valente que se enfronte as multinacionais e que tome medidas inmediatas. As últimas declaracións do Goberno son preocupantes. O Goberno debería modificar a orde que regula a subasta que está en curso. Decepcionounos o Ministerio de Transición Ecolóxica reproducindo os males da subasta de interrumpibildiade do ex ministro Nadal”, explicou a deputada Yolanda Díaz.
A tamén voceira de Industria sinalou que o Executivo “repite un modelo fallido que non serve para dar resposta ás industrias electrointensivas”.
“Imos para unha subasta de tan só un semestre. Hai empresas que non saben cal será o prezo da electricidade en 2019. Non só a duración da subasta, reduciron os bloques. Isto é un risco para as empresas en xeral e Alcoa en particular”, afirmou.
Díaz calificou a subasta de “opaca”: “Non hai transparencia e volven a pagar aos consumidores domésticos. Modificar o duración da subasta como mínimo de 12 meses e os bloques deben pasar de 40 a 90”.
“As traballadoras non merecen que lles tomen o pelo. Se o Goberno quere máis ideas, a ministra precisa un estatuto que regule as empresas electrointensivas como en Francia. O plantexamento do Goberno leva consigo o peche das industrias electrointensivas”, advertiu.
A deputada de En Marea lembrou que o 19 celébrarase en Holanda unha vista oral ante unha evidencia de que o ERE non reune as formalidades establecidas legalmente. “O tempo daranos na razón para levantar o ERE”, sentenciou Díaz.