miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG reclama no Parlamento máis recursos humanos e materiais para as Urxencias do CHUS

O BNG reclama no Parlamento máis recursos humanos e materiais para as Urxencias do CHUS
O BNG reclama no Parlamento máis recursos humanos e materiais para as Urxencias do CHUS

Solicitou ao director de Asistencia Sanitaria que manteña un encontro co persoal sanitario para solucionar unha situación "caótica".

A deputada do BNG Montse Prado, demandou en comisión parlamentaria ao director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, que tome medidas para solventar as deficiencias de persoal e recursos detectadas no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Asemade, pediulle que escoite as propostas dos traballadores e traballadoras que se atopan en folga ante a falta de vontade de diálogo do SERGAS.

Segundo explicou Prado, o servizo de Urxencias atópase nunha situación "caótica" caracterizada por continuos colapsos debido á inexistencia dun plan funcional e á falta de persoal para poder desenvolvelo. A deputada nacionalista asegurou que este servizo atende diariamente unha media de 400 persoas, o que supón un "volume de traballo titánico" que obriga ao persoal a redobrar a súa actividade, xa que aumentou o número de concellos atendidos polo CHUS pero non foi incrementado o persoal sanitario. Ademais, afirmou que os servizos mínimos establecidos para cubrir a folga coinciden co mesmo número de persoas que traballan habitualmente no servizo, o que demostra que "están baixo mínimos continuamente", impedindo aos traballadores e traballadoras exercer o seu dereito a folga.

Por todo iso, a deputada do BNG demandou ao director de Asistencia Sanitaria que acceda a manter un encontro co persoal de Urxencias do CHUS para escoitar as súas demandas e alternativas, que pasan pola negociación dun plan funcional, a creación dun grupo de traballo para avaliar ese plan, a dotación de persoal ás diferentes categorías, a reposición de material deteriorado e a elaboración de protocolos para doentes pendentes de ingreso e para doentes que agardan unha consulta.

Comentarios
Lo más