miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Completado o ciclo de asistencia social coa vivenda de tránsito de Firmistáns

Completado o ciclo de asistencia social coa vivenda de tránsito de Firmistáns
Completado o ciclo de asistencia social coa vivenda de tránsito de Firmistáns

Trala rehabilitación o edificio convértese nun fogar de tránsito e soporte socio-educativo que acollerá de xeito temporarl a persoas en situación de risco social

Esta mañá, a vivienda de tránsito de Firmistáns foi visitada pola concelleira de Economía e Facenda e alcaldesa en funcións, Genma Otero; a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo; e o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil. A antiga escola unitaria, trala rahabiliación, transformouse nun edificio con capacidade para oito persoas que  xa está listo para a súa posta en funcionamento como fogar de tránsito e soporte socio-educativos, que acollerá de xeito temporal a persoas en situación de risco social.

Con esta rehabilitación dótase ao Concello de Ames dun recurso habitacional propio, dispoñible para acoller temporalmente persoas en situación de risco. Este edificio tamén pode ser empregado para dar comidas a persoas de escasos recursos, despensa de alimentos, etc. Asemade, dará cabida a distintas actividades comunitarias temporais.

Este proxecto xorde da necesitade de ter un recurso habitacional propio e dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano. Para levalo a cabo, o Concello de Ames contou cunha axuda de 70.670 euros da medida Leader do PDR de Galicai 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e as obras foron adxudicadas na Xunta de Goberno Local do pasado 21 de setembro de 2017 por un importe de 85.910 euros.

Comentarios
Lo más